Co ánimo de conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas, O Departamento de Cultura do Concello de Teo anima a todas as persoas a elixir a súa palabra preferida do idioma galego.
A iniciativa consiste en elixir tres palabras e envialas antes do vindeiro 15 de maio. O Concello sorteará 10 libros relacionados con Teo entre as persoas participantes. Ademais, as palabras máis votadas no web ao longo destas semanas serán recoñecidas cun mural que se exporá o 17 de maio na Piscina Municipal dos Tilos.
Se desexas máis información, preme aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario