Mostrando entradas con la etiqueta língua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta língua. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de febrero de 2009

Obxetivo Política de tradución "em off" a portugués na TVG

Obxetivo Política de tradución "em off" a portugués na TVG


Abofé que reparaches em que desde fai uns meses a correspondente da TVG en Portugal “traduce” as declaracións dos portugueses sen forma de poder escoitalo. A tradució non é mais que uma mudanza das formas, salvo cando a xonralista, decide introducir castelanismos.

Ata daquela, a prática habitual era a de permitir escoitar as voces dos entrevistados, con subtítulos so nas que foran compricadas de escoitar

O significado desta nova política da nossa televisom pública é clara: o galego nom serve más alá do Minho. Como sabemos que isto é falso e percebemos perfetamente a CIF anima-te a enviares o seguinte texto pedidno unha retificación.


Correo-e do destinatario: informativos.tvg@crtvg.es - txmana@crtvg.es - txseran@crtvg.es - txnoite@crtvg.es - txfds.tvg@crtvg.es - prensa@crtvg.es - rrpp@crtvg.es )

Prezados directivos e responsábeis dos informativos da TVG:
A política da nosa televisión pública respecto das declaracións feitas
nos seus programas no portugués de Portugal, do Brasil e doutros
lugares onde el é falado viña sendo a de permitir escoitar ao público
galego as distintas falas do noso idioma ou sistema lingüístico. Só
nalgunhas ocasións nas que o sotaque puider ser ben diferente ou a
calidade do son baixa estas eran lexendadas.
Inexplicabelmente dende hai uns meses en todas as novas fornecidas pola
actual correspondente en Portugal os entrevistados e as entrevistadas
son “traducidos” por riba das súas voces pola propia xornalista de
maneira que nos é imposíbel escoitalos. As traducións non son máis ca
unha mudanza de sotaque salvo cando a xornalista introduce
castelanismos como por exemplo a preposición “a” diante do obxecto
directo.
Considerando que:
1 .Durante anos puidemos escoitar coa súa propia voz e sen problema
ningún as cidadás e cidadáns lusófonos de fóra do estado español.
2. A información debe chegar da forma máis directa posíbel aos
ouvintes, sen interpretacións, orientacións nin castelanismos.
3. Os informativos da TVG emiten para todo o mundo a través da internet
e da canle internacional e que son moitas máis as persoas prexudicadas
que as supostamente favorecidas con esta actitude.
4 . No peor dos casos, se alguén se queixar existe a posibilidade da
lexendaxe.
5 . A calidade do galego dos habitantes do Norte de Portugal -que son o
principal albo das preguntas- é moi superior a da xornalista.
6 .Se está a incumprir o artigo 1.1 da Lei 9/1984 que outorga á
Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público
consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega,
toda vez que se está a enviar a falsa mensaxe de que para nos comunicar
cos máis de douscentos millóns de lusófonos no mundo precisamos de
interpretes e, por tanto, o noso idioma non serve ao cruzarmos o Miño
malia que todos o utilicemos e percibamos perfectamente.
7.Se continuaren con esta teima cando menos deberían ser coherentes e
traducir por riba as declaracións feitas en castelán por cidadáns e
cidadás de fóra da Comunidade Autónoma da Galiza e moi especialmente as
realizadas polos habitantes da Andalucía, Canarias, México, Arxentina,
Bolivia, Guatemala, etc.

Quero deixar constancia da miña queixa por este grande despropósito e
agardo unha corrección inmediata.

Cumprimentos.



Vía Ciberirmandade