domingo, 28 de junio de 2009

NON ó peche de Físicas en Ourense, pertencente á UVIGO

Despois de quince anos de actividade docente e investigadora se propón o peche da carreira de física no campus de Ourense. A excusa é que unha titulación con vintecinco novos alumnos cada ano non é rendible no novo marco do proceso de Boloña sobre o Espazo Europeo de Educación Superior.

Un criterio estritamente económico que, sorprendentemente, non ten en conta os numerosos ingresos que xeneran os proxectos de investigación en física levados a cabo no Campus de Ourense, gracias á incorporación de xóovenes físicos da cidade, nin o custo de manter unha plantilla de profesores que non tería actividade docente despois do peche.



Asina o manifesto para que non se peche.


Esto non é unha cousa nova na Uvigo, onde se reduce ata a mínima expresión os cartos para a I+D, docencia, instalacións (laboratorios, medidas de seguridad)... e con medidas coma estas, fan da UVIGO unha das peores universidades de todo o estado.

Por certo, se alguén pensa que esto é culpa de Bolonia, é falso, xa que estas medidas xa a buscaban dende fai tempo o equipo retoral de Gago

No hay comentarios:

Publicar un comentario